Lugar onde se pon a secar leña, castañas, pezas de cerámica etc.
Etimoloxía
Termo derivado sobre “secar” que vén do latín siccāre de significado semellante.
Exemplos *
“Unha noite, un mozo áchase nun sequeiro de castañas, sentado a par dun lume. Ten a porta fechada e, por unha fírgoa, ve a pata dun lobo. Desarmado e con medo gabea ao canizo.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)
“O lume ardía, de vagariño, cos achós dunha caracocha de castiñeiro centenario, (...), que rematara a súa longa vida fendida, a golpe de cuñas, para o lume repousado dos alambiques e do sequeiro cheo de castañas, máis ben pequeneiras, que se apañaran na rebusca.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


