sequoia

Árbore da clase das coníferas orixinaria de California, da que existen varias especies, que pode alcanzar máis de cen metros de altura e vivir máis de dous mil anos

Etimoloxía

Adaptación da denominación inglesa sequoia.

Exemplos *

“Non rías, isto ocorreulle a un veciño de Castrelos, quen ficou petrificado coa gargallada sobrenatural que Mariana ceibou pola súa boca antes de botar a correr cara abaixo, para seguir a falar coas faias silvestres e púrpuras, continuar a rir cos castiñeiros de indias, coas sequoias até o Lagares, que vai caladiño para que ela cante coas avenoiteiras, as noitebras, que chupan o leite das cabras...” (Marga do Val: Tizita e Sabela na procura, 2016)

“Arboriñas de cor branca identifican o primeiro itinerario, que rodea o pazo-hotel a través das fontes de S. Silvestre e do Carregal, e segue ata a Varanda de Pilatos para voltar á zona de aparcadoiro. Integra un total de 22 exemplares senlleiros, entre os que se contan tileiros, cedros, sequoias, piñeiros, castiñeiros, tuias, etc.” (Antón Pombo: O Correo Galego, 19-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.