serea

Ser fantástico con busto de muller e o resto do corpo de peixe.

Etimoloxía

Aínda que a nós nos chega desde o latín vulgar sirena, –ae (do clásico siren, –enis) procede da mitoloxía grega seirén, –enos 'serea', 'monstro metade paxaro, metade muller, encadeado ás rochas da costa, que co seu canto atraía os navegantes para devoralos'.

Exemplos *

"En balde buscámo-la serea viva de Loreley, tivémonos que consolar coa figura de pedra." (Úrsula Heinz: Culpable de asasinato)

"Ó fondo, dominando o local, ben protexido contra a parede adornada por unha secuencia mitolóxica de serea con buguina, sentábanse o gobernador civil e compañeiros de partido." (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.