serenata

Música que se executa pola noite, na rúa, baixo a ventá da persoa á que se dedica

Etimoloxía

Palabra que vén do italiano serenata de significado semellante.

Exemplos *

“Metidos neste terreo, el destápame os segredos da poesía e da música clásica. Aprendo a saborear unha sinfonía, unha ópera, unha aria, unha serenata de Schubert ou de Mozart.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“Progresou sen dificultades nos seus estudios e, a partir dos dezaseis ou dezasete anos, comezou a compor pequenas pezas para piano que acadaron os aplausos dos seus pais e a improvisar longas serenatas que entretiñan ás visitas nas noites de inverno.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.