serenidade

Calidade do que é sereno, do que non sofre ningunha alteración no seu ánimo

Etimoloxía

Palabra procedente da latina serenitas ‘calma’ que, á súa vez, bebe do adxectivo serenus, -a, -um ‘sereno’.

Exemplos *

“Un lugar triste e deprimente durante o inverno, pero moi relaxante cando chegan os primeiros atardeceres luminosos da primavera. Moito lles presta a serenidade terapéutica do mar .” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)

“Durante toda aquela estraña conversa co cura, Carme tratara de aparentar unha serenidade que non sentía.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí