sereno

Ar húmido das noites de verán

Etimoloxía

Vocábulo procedente do latino serenus ‘limpo de nubes’, ‘calmo’.

Exemplos *

“Malia a fatiga que arrastraba de tanto cabalgar e durmir ao sereno, Isaac Moore non puido conciliar o sono no seu coi, pendurado dun bau de cuberta do San Carlos.” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)

“Aquela noite pasárona ao sereno, no medio do monte. Durmiron achegados un o outro para espantar o frío da alborada debaixo dun mando de follas de carballo e fentos esmagados.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.