serodio, -a

Que sucede tarde, despois do acostumado ou do momento preciso

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín serotinu ‘que vén tarde’.

Exemplos *

“Ida era un regalo serodio. Pasara oito anos acochado na morada paterna, aturando a compaixón dos vellos e a impaciencia de irmaos e sobriños, ata que a amiga empezou a visitalo.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Comentario ao apocalipse. Análise existencial do home galego enfermo, 2011)

“Aos amores serodios. Non foi un aprendiz, non foi un mozo. Foi un grande artista descoñecido, na plenitude do seu xenio, na declinación da súa vida, quen labróu esa cabeza, de muller.” (Ricardo Carballo Calero: Grial, nº 63, 1979)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.