Réptil sen patas da duborde dos ofidios, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas.
Etimoloxía
Vén da forma latina serpens, -entis, derivado do verbo serpere 'arrastrase'.
Exemplos *
"Cando o mozo abriu sen excesivas precaucións o cesto e intentou coller a serpe pola cabeza para matala e obter o seu sangue, esta foi máis rápida e cravoulle no pulso os seus dous cabeiros." (Manuel Janeiro: A fada das lapas)
"Dende a época dos castros numerosos monumentos dan testemuño da importancia da serpe na cultura galega." (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.