serpentina

Fita de papel longa e estreita, enrolada sobre si mesma, que se desenvolve ao lanzala retendo un dos seus extremos.

Etimoloxía

Procede do latín serpentinus, –a, –um 'relativo á serpe'.

Exemplos *

"… era unha festa na que só estralaron no aire as serpentinas e as músicas, e as únicas bombas eran as de palenque." (Xabier López López: O caderno)

"Lola estaba feliz e, cada vez que falaba, da súa boca, máis que palabras, saían serpentinas de cores." (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.