Persoa que ten por oficio serrar
Etimoloxía
Palabra que toma como base de formación o termo “serra” que nos leva ao latín serra de significado semellante.
Exemplos *
“José Castro Fontán era un líder sindical que, polas circunstancias adversas, se quedara en potencia. (...) Pero o honesto proceder do aínda xove serrador era evidente, e o seu parecer o máis apreciado polos seus compañeiros de traballo e aínda por algún mandarín.” (Borobó: A Nosa Terra, 5-9-2002)
“Na casa eramos cinco irmáns e miña nai era viúva, pois meu pai que fora serrador, morrera. Aos 13 anos comecei a ir ao monte para coller piñas.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.