Conxunto de obxectos utilizados para servir a mesa.
Etimoloxía
Procede do termo do latín servitium, –i 'escravitude' que é un derivado da palabra servus, –i 'servo', e garda relación co feito de que eran os servos os que facían este labor.
Exemplos *
"Máis un lóstrego fixo alampar o servizo de café, en prata, de que nos serviamos, entre papeis e expedientes, na mesma mesa de traballo do padriño." (Xosé Luís Méndez Ferrín: Arraianos)
"Unha magnífica (…) cea cunha gran mesa corrida en forma de triángulo e cos servizos en porcelana con formas de vulvas e flores." (Xosé M. Buxán Bran: A Nosa Terra 15-01-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.