sesta

Tempo destinado a durmir e a descansar despois de xantar

Etimoloxía

Palabra recollida da expresión latina [hora] sexta “hora sexta”, a de máis calor.

Exemplos *

“Despois da sesta, cando a calor deixaba de ser unha ameaza, levaba ó neno a ruar, entre estanques, estatuas, árbores e paseos.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz/ O cabalo das sete cores, 2000).

“Así, a máis de saírlle a cousa máis barata, quedáballe cómodo para botar unha soneca na casa antes de volver pola tarde ó comercio, que nestes días de xullo non hai cousa que agradeza tanto o corpo coma unha boa sesta despois de xantar” (Xosé Manuel Martínez Oca: Náufragos en terra. Os amores imposibles / Antes do naufraxio, 1995).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.