Ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas atendendo ao seu sexo
Etimoloxía
Termo derivado co sufixo -ismo aplicado á palabra “sexo” que vén do latín sexus de significado semellante.
Exemplos *
“Sabemos cal é o fondo verdadeiro de todo sexismo: esa visión da sexualidade perpetúa a utilización dos corpos das mulleres, o control sobre o seu discurso e, sobre todo, a orientación das súas emocións para deixárense someter, obnubiladas polo amor lendario desde que só son nenas.” (Inma López Silva: Chámame señora, pero trátame coma un señor, 2018)
“O movemento de liberación comezou salientando o sexismo implícito nas linguas e na forma en que os discursos invisibilizan ou trivializan as mulleres para chegar a denunciar que as linguas son institucións patriarcais.” (Teresa Moure: Queer-mos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.