siamés, -a

Gato de pelo curto de cor gris avermellada, coa cabeza, as patas e a cola tirando a marrón

Etimoloxía

Palabra creada partindo do topónimo asiático Siam.

Exemplos *

“Un gato siamés acompañoume durante boa parte da miña camiñada de recoñecemento. O felino emitía un ruidoso rosmar, coma un tropel de ratos corredíos armando balbordo no rocho.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

“–Desculpen esta desorde –e retira libros e revistas de enriba dunhas cadeiras e mais a gata siamesa que as coroaba–, estaba pintando. Queren sentar? Achegouse ao tocadiscos para retirar o disco de vinilo que soaba, Mediterráneo, de Serrat.” (Mª Xosé Queizán: Ten o punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.