Posición do Sol, da Terra e da Lúa na que os seus centros están en liña recta
Etimoloxía
Palabra da terminoloxía da astronomía que bebe do grego syzigía que significaba ‘unión’.
Exemplos *
“As mareas máximas ocorren nas sicixias dos astros e da Terra, e as mínimas nas cuadraturas, á hora terceira do paso da Lúa polo meridiano do lugar.” (Isaac Newton: O sistema do mundo (Trad. José Manuel Díaz de Bustamante), 2005)
“E é que ser corsario é negocio de sorte variada, como marés de sicixias; xeira na riqueza e axudado polo gobernador, xeira procurado como inimigo do estado.” (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello, 1984)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.