Enfermidade vírica grave que se caracteriza por unha diminución considerable das defensas do organismo e que se transmite por vía sexual e sanguínea.
Etimoloxía
Esta palabra é a sigla de síndrome de inmunodeficiencia adquirida.
Exemplos *
“A xente confesaba doenzas graves, como infartos, cirroses hepáticas, etc., pero ocultaba a sida como consecuencia da depravación que levaba implícita.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)
“A sida propágase por falla de medidas sanitarias e hixiénicas, pola mala alimentación e polo uso de drogas por vía intravenosa …” (A Peneira 08-1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.