sidra

Bebida con alcohol que se obtén ao fermentar o zume de mazá

Etimoloxía

Palabra que é probable que veñan do grego síkera, pero desde o latín tardío sicera que significaba ‘bebida embriagadora’.

Exemplos *

“(...) sentar nunha terraza ou na mesa amarmelada dun café a darlle groliños despreocupados e gorentosos a unha cervexa morna, a esas sidras que saben a limoada, a eses cafés brillantes que se empezan a sorber polo nariz.” (Xabier López López: O caderno, 2001)

“(...) mirade, netiños, estes son os calos do mar, da area, da choiva", e irán de excursión á casa das compañeiras, xogarán ó burro, á escoba, á brisca, lembrarán as migrañas do pasado, comerán pastas, botarán un grolo de sidra, a dureza dos seus corpos baténdose coma rochas polos fillos.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz / Autobús, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.