sieiro

Vento moi frío e seco.

Etimoloxía

Proponse que proveña do latín sideru 'sideral' ou que se orixinase a partir de xeeiro.

Exemplos *

"A tarxeta chegáballe a México DF coa sinatura da artista ó pé duns caracteres impersoais, escritos a máquina, nos que invariablemente lle desexaba unhas boas festas con ton aséptico, case sieiro …" (Xavier Lama: Os moradores da nada)

"Envexas, miña rula. Envexas de verte gardada do sol e do sieiro e da choiva. Envexas de verte libre de traballos." (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Os vellos non deben de namorarse)

 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.