silabario

Libro para aprender a ler que contén palabras divididas en sílabas e tamén sílabas soltas.

Etimoloxía

Derivado creado sobre a palabra sílaba, esta procede do latín syllaba, –ae de idéntico significado, que viña do grego sullabé, –es 'combinación de letras'.

Exemplos *

"Acórdame a nai Lola que me collía o dedo, que me guiaba o dedo por aquel silabario de figuras e letras que quedou no faiado." (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)

"O silabario non di pan, nin nai, nin xustiza" (Carmen Pereiras: Pequenos infinitos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.