silencio

Ausencia de calquera ruído ou son

Etimoloxía

Termo que procede do latín silentium 'silencio', voz derivada sobre o verbo silére 'calar’, ‘non dicir palabra'.

Exemplos *

“E a auséncia cumprirá o seu oráculo / cando a noite sexa o fundo, / cando o mesmo mar a noite, / e o silencio / diga a última palabra.” (Luísa Villalta: Música reservas, 1991)

“O silencio entoaba o seu himno amortecido, baixo o pavimento abrasado. O silencio axexaba a través das fiestras, intimidando o interior dos edificios.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.