Depósito no que se gardan produtos agrícolas para a súa conservación
Etimoloxía
Denominación de orixe incerta.
Exemplos *
“Un silo de herba, no seu punto de humidade, ten un cheiro algo forte mais agradable, coma o do tabaco rubio.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
“A maioría dos prados téñenos arredor da casa distribuídos en pequenas parcelas porque os terreos da aldea (...). Fan silo de herba e de millo. (...) As vacas mantéñenas fóra de estabulación, ó aire libre, sempre que é posible.” (José S. Montes Pérez: Feiraco, 04-1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.