silveira

Valo de silvas / Conxunto de silvas

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base de formación “silva” que se basea no latín silva ‘selva’, ‘vexetación’ ou ‘monte’.

Exemplos *

“Este ano n'hai ameixas / que secano as ameixeiras / pra lle reghalar ós mozos / hai amoras nas silveiras.” (Dorothé Schubarth, e Antón Santamarina: Cancioneiro Popular Galego. Oficios e labores, 1984)

“Se túa nai non che deixa / facemos doutra maneira / casamos com'os paxaros / por detrás dunha silveira.” (Dorothé Schubarth, e Antón Santamarina: Cancioneiro Popular Galego. Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas locais, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.