silvestre

Que vive en liberdade na natureza ou que non está domesticado

Etimoloxía

Voz que bebe do latín silvestris que podemos traducir como ‘do monte’ ou ‘da selva’.

Exemplos *

“A este lado, a mesta carballeira que alinda por detrás da aldea. Ao outro, o penedal que sobe lampo e silvestre até o medorento monte da Franqueira, estes altos cumios que tanto medo me daban de pequena cando ollaba para eles pola noite.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

“Rederrota non nacera en Sada, nin sequera nas vizosas terras dos arredores, as que o Mandeo dividía, nin nas agras silvestres da Coruña. Antonio Rederrota nacera en Muros, na súa mocidade andara á balea, e tras a guerra viñera embarcarse a Sada.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.