Que habita na selva ou no bosque
Etimoloxía
A voz procede da latina silvicŏla que significa ‘o que habita as selvas’, que, á súa vez, é un termo froito da unión de silva 'bosque' ou 'selva' e -cŏla que está ligado ao verbo colo ‘cultivar’, ‘coidar’ ou ‘habitar’.
Exemplos *
“No noso país non existe unha tradición silvícola tal como nos países nórdicos ou centroeuropeos.” (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque, 1992)
“Tamén sería conveniente practicar labores culturais e silvícolas encamiñadas ao saneamento e mellora do vigor dos carballos.” (Antonio Rigueiro Rodríguez: Árbores senlleiras de Galicia, 2015)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


