Cultivo dos bosques, montes e selvas / Ciencia que se ocupa dese cultivo, así como da explotación racional e a conservación das áreas forestais
Etimoloxía
Termo científico que forma coa voz latina silva 'selva, bosque' e “cultura” que remite á voz do latín cultura que significaba ‘coidar’ ou ‘venerar’.
Exemplos *
“Cambiaron os usos do monte, encamiñados cada vez máis a certo tipo de silvicultura (monocultivos de especies de crecemento rápido, coma o piñeiro e o eucalipto, altamente combustíbeis); e cambiou tamén a propiedade da terra, (...), o que provoca unha maior fragmentación do monte e dificulta tanto a xestión do seu uso como a coordinación para a extinción.” (Lara Rozados: Sermos Galiza, 10-8-2010)
“Don Gabriel recordou o billete cortés do Touza a reclamarlle a crítica sobre o seu tratado de silvicultura, e ese deber pendente recordoulle o da tradución do libro do Isaías... Non daba feito.” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.