siña

Título de cortesía que se dá, por boa educación, a unha muller de certa idade ou descoñecida ao falar con ela, ao escribirlle ou ao falar dela

Etimoloxía

Vocábulo coloquial que bebe desoutro “señora” que vén do latín seniore ‘o máis vello’.

Exemplos *

“Entra polo medio de Lestrobe con estrondo o tractor do Costa. Pasa a do Xarán, a de Clarina, a da siña Amalia e ó chegar á taberna de Picadizo, o tractorista reduce gas coa man dereita na panca de por derriba do depósito de gasóleo.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

“O avó pasaba longas mañás arrimado á fiestra, vendo chover ou queimar o sol. Medraban os froitos, murchaban as follas, pasaba siña Crecencia coa canastra chea de roupa do río e as engurras instauraban un novo imperio.” (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz / Estrela polar, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.