sinalizar

Indicar cun sinal unha circunstancia referente ao tráfico aéreo, marítimo, ferroviario e por estrada.

Etimoloxía

Formouse a partir de sinal, que é a evolución do latín signalis, derivado á súa vez de signun 'sinal'.

Exemplos *

"… pasar unha liña continua ao adiantar, non gardar a distancia de seguridade, coller o teléfono, non sinalizar o adiantamento, conducir tras inxerir alcol ou adiantar pola dereita en autoestrada." (E.P.: Galicia Hoxe 2009-04-08)

"Non hai perda, tiro para Vilagarcía e cando vexa un cruzamento para Caldas que está de seguro ben sinalizado esperto a toupa esta." (Manuel Seixas: A velocidade do frío)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.