Persoa que forma parte dun sindicato como membro activo
Etimoloxía
Palabra derivada que toma como base o termo “sindicato” que procede do latín medieval syndicatus 'junta de síndicos'.
Exemplos *
“–Así que ti non estás por sindicalista –dixo Brendinger de volta no balcón–, ti estás por guerrilleiro. Es dos poucos.” (Manuel Gago: O exército de fume, 2018)
“Non tiña ningunha posibilidade de poder seguir traballando. (...) E con ese pasado de sindicalista. A cambio de certos favores, ofrecéronlle un posto tranquilo, unha paga decente e a promesa de que ninguén tocaría a súa familia.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


