Asociación que ten por obxecto a defensa dos intereses e dos dereitos dos profesionais
Etimoloxía
Adaptación do francés syndicat, co mesmo significado, e este de syndicus, 'avogado e defensor dunha vila'.
Exemplos *
“O sindicato subliñou nun comunicado que, ademais de aumentar os accidentes, tamén o está a facer a "degradación do mercado laboral", pois dez de cada once contratos son de natureza temporal.” (E.P: Galicia Hoxe, 14-02-2005)
“O sindicato mobilízase contra un "pacto social agresivo coa clase traballadora" e para dar "a batalla contra a ditadura do capital, que ás veces vén de gobernos de esquerdas, como é o caso do PSOE [...]" (Patricia Hermida: Galicia Hoxe, 03-11-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.