síndrome

Conxunto de síntomas e signos que caracterizan certos estados patolóxicos.

Etimoloxía

Vén do grego syndrome –es, que nun principio era un lugar de encontro ou un tumulto de xente e logo pasou a aplicarse en medicina para a concorrencia de síntomas.

Exemplos *

“O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) diagnosticou o primeiro caso de sida en Galicia -acrónimo de Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida- hai 25 anos, en 1984.” (Galicia Hoxe 10-04-2009)

“Esta nova definición de sida amplía en 3 as enfermidades indicativas da síndrome en persoas portadoras do virus de inmunodeficiencia humana (VIH): tuberculose pulmonar -en maiores de 12 anos-, pneumonía bacteriana recorrente -dous ou máis episodios en 12 meses- e cancro invasivo de cérvix uterino.” (O Correo Galego 21-02-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.