Composición musical que consta de varios movementos, composta para ser executada por unha orquestra
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín symphonĭa, que bebe da voz grega symphōnía; que significaba 'son acorde'.
Exemplos *
“O grande Antón Piñeiro vai conducindo pola autoestrada camiño de Silleda, coa sinfonía dalgún compositor clásico que ela non coñece a un volume suave.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
“En canto a gravacións, a Real Filharmonía de Galicia comezou a gravar en 1998, baixo a dirección de Rilling, as sinfonías completas de Franz Schubert para a prestixiosa compañía discográfica Classic Hänssler.” (Ana Iglesias: Galicia Hoxe, 3-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


