Tempo que dura a viaxe dunha embarcación desde que sae dun porto ata chegar a outro
Etimoloxía
Palabra que se crea sobre o verbo “singrar” que é un préstamo do francés antigo singler que significaba ‘navegar a vela’.
Exemplos *
“Foi fondeado fronte a Barra para unhas primeiras reparacións ata que, en outubro, zarpou co remolcador "Nisos Delos" rumbo ao Pireo, nunha accidentada singradura que o obrigou a pedir axuda en Xibraltar.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 6-2015)
“Chegabas a Istambul dunha longa singradura, chegabas cheo de sal e de fastío, enfermo de saudade da terra.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.