Disciplina lingüística que estuda as relacións que as palabras contraen dentro da frase e unidades superiores
Etimoloxía
Vocábulo chegado do grego súntaksis, -eos ‘organización’, ‘composición’.
Exemplos *
“...é a primeira autoridade en léxico, en sintaxe, en morfoloxía e como tal está recoñecido no mundo científico.” (Xosé M. Salgado e Xoán M. Casado: X.L. Méndez Ferrín, 1989)
“Da Eneida de Virxilio podedes adquirir grandes nocións de sintaxe .” (Roberto Salgueiro González: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.