síntese

Serie de operacións mentais que permiten chegar a unha conclusión composta a partir de nocións simples.

Etimoloxía

Chegounos a través da forma latina synthesis, -is 'colección', que resultou ao adaptar o grego sunthésis, -eos 'composición'.

Exemplos *

"… entre a tese dos vellos galeguistas […] e a antítese dos exiliados […], eles eran a síntese necesaria." (Manuel Xestoso: A Nosa Terra 29-01-2009)

"… teño que admitir […] que fun seducido polo esquema hegeliano tese antítese síntese." (Ernst Mayr: Historia do pensamento biolóxico)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.