Fragmento musical co que se marca o comezo ou o remate dun programa e que serve para identificalo entre os demais.
Etimoloxía
Tomouse do grego syntonía -as ‘tensión forte’ ou ‘intensidade’, pero tamén ‘concordancia de ritmos e sons’.
Exemplos *
“Como formando parte dun ritual, a sintonía fíxose máis débil, a luz vermella do estudio acendeuse e Santiago Losada afectou a voz.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)
“Xa había un anaco que se escoitaba a sintonía de comezo do programa. A través dos cristais da sala de control, Manolo miraba para ela movendo a cabeza e sinalándolle o reloxo ó tempo que ría.” (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.