sinxeleza

Calidade de sinxelo (sen complicación, que se pode facer ou entender con facilidade).

Etimoloxía

É un derivado de sinxelo, que remite a un diminutivo do adxectivo latino singulus, -a, -um 'un cada vez'.

Exemplos *

"As voltas e reviraoltas no tempo nunca condicionan a claridade da narración, nin a súa sinxeleza …" (Galicia Internacional 06-1996)

"Consegue obras que cativan desde a sinxeleza de relatos, de mar, de terra, de vida, de medos, de naturezas que exaltan as mensaxes da sociedade libre, da cultura universal …" (Xosé Manuel Lens: Tempos Novos 10-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.