Especialista en sismoloxía
Etimoloxía
Palabra que se crea sobre “sismo”, do grego seismós ‘sacudida’ máis o sufixo -logo, ‘o que estuda’, ‘especialista en’.
Exemplos *
“A pontevedresa Lucía Lozano López de Medrano que é sismóloga da Rede Sísmica Nacional pertencente ao Instituto Xeográfico Nacional, do mesmo xeito que o grupo de Vixiancia volcánica co que colaboran estreitamente.” (AA.VV.: “Cara a cara” en Pontevedra Viva, 6-12-2021) [visto 20-1-2026]
“No artigo tamén se recolle o estudo realizado pola sismóloga Mar Tapia dos sinais sísmicos provocados pola onda de choque que foron detectados nas estacións do Instituto Geográfico Nacional na Pontenova (Lugo), Agolada (Pontevedra) e Calabor (Zamora).” (Redacción: gCiencia, 24-102022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


