sismóloga, -o

Especialista en sismoloxía

Etimoloxía

Palabra formada pola voz grega seismós ‘tremor da terra’ e a partícula -logo, de orixe similar, que significa ‘razoar’.

Exemplos *

“No artigo tamén se recolle o estudo realizado pola sismóloga Mar Tapia dos sinais sísmicos provocados pola onda de choque que foron detectados nas estacións do Instituto Geográfico Nacional na Pontenova (Lugo), Agolada (Pontevedra) e Calabor (Zamora).” (Redacción: Lugo Xornal, 24-10-2022)

“Un terremoto de 4,4 rexistrado no Cantábrico sentiuse en varios puntos da costa norte da Galiza. Localizouse "a uns 50-60 km da costa ao norte de Cariño", explicou a sismóloga de garda do Instituto Xeográfico español.” (Xesús M. Piñeiro: Nós Diario, 29-10-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.