sitial

Asento xeralmente con brazos e respaldo alto que adoita usarse en actos solemnes para as persoas de alta dignidade.

Etimoloxía

Derivado sobre o substantivo sitio que vén do latín situs, –us 'posición'.

Exemplos *

"Desde este día, Breogán de Guisamonde, chamado por todos o Cabaleiro da Gaivota, sentou á Mesa Redonda no sitial que ata a súa morte ocupara Hemison." (Eva Moreda Rodríguez: Breogán de Guisamonde o Cabaleiro da Gaivota)

"El-Rei levantouse do sitial ó reciblia e tomándoa da man levouna ante a mesa na que os dous Meiriños Maiores, o de León e o de Castela, custodiaban as actas." (María Gándara: Magog)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.