slálom

Modalidade de esquí alpino en que os esquiadores deben percorrer un trazado en zigzag determinado por unha serie de bandeiras.

Etimoloxía

Vén do norte de Europa, do noruegués slalam, que combina sla 'inclinación' e lam 'pista de esquí'.

Exemplos *

"… unha carreira de rallys, outra de motos e un slálom de esquí integran o menú do cine dinámico que durante todo o mes permanecerá aberto no centro de Vigo." (O Correo Galego: 01-02-1995)

"A única dificultade do slálom viña das molestas protuberancias que lle naceran na primavera, cando cambiou a camisa …" (Bieito Iglesias: A vida apoteósica)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.