Espiñazo do porco
Etimoloxía
Voz que bebe no latín vulgar *subanam de significado semellante.
Exemplos *
“O día foise aguantando e puido dar unha volta pola maior parte dos postos e mercou varias cousas que lle facían falla e outras que lle entraron polo ollo. Do que máis levou foi de comer: orella de porco, rabo, ósos da soá, laranxas, plátanos, mazás... e, xaora, castañas e noces.” (Xavier Senín: O Correo Galego, 16-11-2000)
“"Aquí somos moi larpeiros e os ósos da soá xa os comemos no día da parta facendo o caldo que sabe que sanea. Noutros sitios prepáranos doutra maneira, así en Monforte fan os callos con eles, no Cebreiro fan o botelo, en Chantada fannos en zorza e no Saviñao consérvanos en sal".” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


