soán

Vento do sueste

Etimoloxía

Termo que bebe do latín solanu ‘vento de levante’.

Exemplos *

“Levantouse un vento morneiro, unha airexa abafada.

–É o vento soán –dixo Xosé–. Vento que vén do seco e do quente. Vento do inferno.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

“Reparei nos ramallos e pola dirección que collen souben que había vento soán, sempre sopra na hora do solpor. Polo mencer soprará tamén. Isto foi onte. Aquí metida, dixen eu, estou feita un carambo, algo está fallando, quero saír, mira ti o que fan unhas flores de enterro.” (Xohana Torres: Adiós, María, 1971)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.