soberana, -o

Rei ou raíña

Etimoloxía

Palabra que se forma no baixo latín superanus, que deriva. de super 'sobre, enriba'.

Exemplos *

“De circe, filla de Helios e Perseis, señora de Eea, a Penélope soberana de Ítaca, prezada entre os dánaos, aquela cuxa prudencia e sabedoría son veneradas ao longo de todo o Ponto.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“Contei tamén da cidade asolagada de Ker-Is, a soberbia fortaleza noutrora testemuña do amor entre o rei Gradlon e Malguer —a soberana das terras hiperbóreas—, mergullada agora nas xélidas augas do mar do Norte.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.