soberanía

Carácter dunha nación ou organismo que non está sometido a outro

Etimoloxía

Creación sobre “soberano” que vén do latín vulgar *superanus que se crea con super ‘sobre’.

Exemplos *

“Pola súa banda, os palestinos propoñen que Israel teña a soberanía sobre un territorio menor: soamente o Muro das Lamentacións e o pequeno aberto ó que dá este.” (R.O.: O Correo Galego, 28-12-2000)

“Desde o seu nacemento como concello en 1212 e logo coa concesión de foros polos reis desde o século XIII, Ourense pasa a compartir unha tensa dobre soberanía entre o señorío municipal e os bispos.” (Marcos Valcárcel: Historia de Ourense, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.