Árbore da familia das cupulíferas (Quercus suber), de folla perenne e madeira dura á que se lle tira a casca, chamada cortiza, que se emprega para diversos usos industriais.
Etimoloxía
tomámolo do nome que tiña en latín, suber, -eris.
Exemplos *
"Nalgún lugar dunhas montañas inaccesibles hai un bosque de enormes e vizosas árbores, altísimos fiúnchos e vellas hedreiras que arrodean teimudamente cada carballo e cada sobreira." (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)
"Nun punto da ascención era preciso abrazarse a unha sobreira e turrar con forza do corpo." (Francisco X. Fernández Narval: Sombras no labirinto)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


