Alimento como froita, doce, confeito etc., que se toma ao final dunha comida / Período de tempo que os comensais permanecen á mesa despois de comer, xeralmente falando
Etimoloxía
Termo formado polo vocábulo “sobre” do latín super ‘en riba de’ e o substantivo “mesa” que nos chega desde o equivalente latino mensa.
Exemplos *
“Charo falou da ledicia polo próximo nacemento da neta, pois nena ía ser, como ela desexaba. Despois, xa na hora das sobremesas, mentres comían o flan de ovo que con tanto agarimo preparara a irmá, Daniel puxo as cartas enriba da mesa e contoulles os asuntos legais en que levaba algún tempo metido.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
“A máis lixeira de todas as sobremesas, o suflé, consiste en claras de ovo batidas e mesturadas cunha base aromática. A tarefa principal dos cociñeiros para lograr unha boa mestura consiste en incorporar nas claras tanto aire como sexa posible.” (Miguel González Aguiar: Galicia Hoxe, 13-2-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


