sobresaínte

Cualificación máxima nun exame.

Etimoloxía

É un composto que resulta da combinación de sobre (do latín super 'enriba') mais saír (do latín salire 'saltar').

Exemplos *

"O resultado electoral servirá ademais para pór nota ao Goberno galego e a oposición, e todos esperan levar o sobresaínte." (De Luns a Venres 2007-05-11)

"O público marchou con bo sabor, coma os membros da Asociación Rapa das Bestas, que acabaron por recibir un sobresaínte." (O Correo Galego 2001-10-02)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.