Fillo ou filla dun irmán ou irmá
Etimoloxía
Substantivo que bebe do latino sobrīnus ‘primo irmán’.
Exemplos *
“Este é o dedo meniño, / este é o seu sobriño, / este é o maior de todos, / este é o furabolos, / i este o matapiollos.” (José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego) [Reprod. facsimilar da 1ª edición], 1979)
“Xa non vou, non vou, / xa non vou alá / á casa do cura, / que me quererá? / Que me quererá? / que me ha de querer? / ten unha sobriña, / quérema vender.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. IV, 2 Romances novos, cantos narrativos, sucesos e coplas, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


