socheo

Movemento de mar que forma as ondas // Fase final do crecente, anterior á preamar

Etimoloxía

Pénsase que é unha creación coa partícula “so” e o adxectivo “cheo” que bebe do latín plenus, -a, -um que significaba ‘cheo’ ou ‘pleno’

Exemplos *

“O socheo, ¡o socheo!, balbordante, / correndo como un galgo, / non me dera máis tempo pra salvarme” (Antón Zapata: A roseira da soidade, 1953)

“Eu estaba xusto alí, naqueloutro sitio, uns metros por terra del, apañando os percebes que había máis en seco, cando veu un socheo de mar que o levantou da pedra e o arrastrou para fóra.” (Jesús Lista: O demo nunca dorme, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.