Rama da lingüística que estuda as relacións entre a lingua e o medio social
Etimoloxía
Vocábulo formado polo prefixo socio- que vén do latín socius 'socio' e a voz lingüístico que é un préstamo do francés linguistique, e este bebe de linguiste 'lingüista'.
Exemplos *
“A súa docencia e investigación véñense concentrando na historia social da lingua galega, a sociolingüística, a glotopolítica e a planificación lingüística desde 1996.” (Manuel Vidal Villaverde: Galicia Hoxe, 6-4-2009)
“Por un debate científico e sen prexuízos. É necesario, polo tanto, abordar a cuestión idiomática, pero sen prexuízos ideolóxicos e botando man do que nos din as ciencias da linguaxe: a psicolingüística, a pedagoxía das linguas, a pragmática, a sociolingüística, etc.” (Bieito Silva: Tempos Novos, 10-2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


